LOPE INFANTIL COVID
VENRES 19 DE XUÑO
Bo
día amiguiños e amiguiñas!!! Pois hoxe remata este curso tan raro que
nos tocou vivir!! Agora a descansar e recargar pilas durante o verán
para volver en setembro con máis ganas que nunca!!!! Espero que xoguedes
moito e o pasedes moi moi ben durante as vacacións porque o tedes máis
que merecido, xa que fúchedes uns verdadeiros campións e campioas
durante todo este tempo!!! Que sepades que me alegro moito de conocervos
a todos e todas os espaguetis e as lentellas!!! Botareivos moito de
menos!!! Moitos biquiños e unha aperta moi moi grande de parte do profe
Fran!!!!
XOVES 18 DE XUÑO
Bo
día espaguetis e lentellas!!! Hoxe propóñovos estas tres actividades
que seguro que xa coñecedes ou fixéchedes máis veces!! A primeira é a de
ATRAPAR BOLIÑAS DE CORES!! Para iso necesitaredes unha pinza e pelotas
pequeniñas que poderedes facer con algodón, papel de xornal, papel
aluminio...Logo deberedes ir clasificándoas segundo o tipo que sexan!! A
segunda actividade que vos propoño hoxe, como vén un día moi agradable,
é a de merendar PEZAS DE FROITA, pero antes deberedes formar un
debuxiño con ela antes de papala!!! Eu déixovos uns exemplos por se vos
gustan, vale??? E, por último, a terceira actividade que vos propoño é o
ioga!! Pero non é un ioga calquera, senon que será un IOGA DE
SUPERHEROES!!! Sodes capaces de imitar todos os movementos que fan??
Estou segurísimo de que si!!! Veña amiguiños e amiguiñas, que pasedes un
moi bo día!!! Bicooooos a moreas!!
MÉRCORES 17 DE XUÑO
Ola
amiguiños e amiguiñaaaas!!! Aquí vai a proposta de hoxe!! Trátase de
facer un TRANSPORTE DE OBXECTOS manténdoos en equilibrio de distinta
maneira (pelotas pequenas sobre a parte interior dun rolo de papel
hixiénico ou sobre unha culler, globos no medio das pernas...)!!
Recordade que se vos cae ao chan tedes que recollelo e volver ao lugar
de saída para volver a facer o recorrido e conseguir completalo sen que a
pelota ou globo caia ao chan!! Tamén podedes retar a algún familiar ou
amigo a ver quen transporta os obxectos máis rápido!!! Así que nada
mociños e mociñas, espero que o pasedes moi ben e que teñades un bo
día!!! Apertaaaaas!
MARTES 16 DE XUÑO
Bo
día mociños e mociñas!!! Hoxe propóñovos un xogo que xa fixemos un día
no cole!! Chámase a CADEIRA MUSICAL!! No vídeo que adxunto xa se detén a
música cada certo tempo para que poidades practicar todos e todas as da
casa!! Veña amiguiños e amiguiñas, a ganarlle ás vosas familias!! Unha
aperta e que pasedes un día estupendo!!
LUNS 15 DE XUÑO
Boas
compañeiros e compañeiras!!! Xa estamos na última semana do cursoooo!!!
Hoxe vouvos propoñer unha actividade para que afinedes esa puntería!!
Deberedes recortar folios en forma de círculo e escribir no centro
diferentes cantidades que vós coñezades!! Unha vez feitas as "dianas"
pegarédelas nunha parede e, separándose a unha distancia duns 2 metros,
deberedes intentar golpear cunha bola de papel (folio, xornal, papel de
alumnio...) nas diferentes puntuacións!!! Retade a un familiar que
seguro que lle ganades!!! Veña amiguiños e amiguiñas, espero que pasedes
un moi bo día!!! Unha aperta!!!
VENRES 12 DE XUÑO
Bo
díaaaaaa!!! Xa remata unha semana máis e xa non queda nada para o final
dun curso un tanto raro...pero tranquilos que para setembro xa
volveremos a estar todos e todas xuntas así que moito ánimo!!! E para
hoxe vouvos propoñer dúas actividades! A primeira é unha rutina na que
inicialmente deberedes seguir os exercicios que realiza o noso amigo o
mono para logo pasar a unha parte máis relaxada!! E a segunda actividade
é para que intentedes realizar todas as posturas de ioga que aparecen
no cadro que está ao carón destas liñas!! Así que nada amiguiños e
amiguiñas, agardo que pasedes un moi bo fin de semana e que vos
divirtades moito!!! Un bico moi grande para todos e todas!!!
XOVES 11 DE XUÑO
MÉRCORES 10 DE XUÑO
Bo
día amiguiños e amiguiñas!! Que vos parece se hoxe imos dar un paseo co
noso amigo o mono polo monte?? Pero tede moito coidado, pois hai que
esquivar os diferentes monstros que vos ides atopar polo camiño ao igual
que fai o moniño!!! Veña, moito ánimoooo!!! Unha aperta moi grande!!
MARTES 9 DE XUÑO
Bo
día raparigos e raparigas!!!! Sabedes que día foi onte?? O Día Mundial
dos Océanos!!! Así que para conmemoralo vouvos propoñer unha actividade
relacionada co mar e cos océanos!! Verdade que cando ides á praia sempre
atopades moita porquería (plástico sobre todo) pola area??? Isto pasa
porque todas esas cousas que nos sobran e tiramos na calle en lugar de
facelo na basura rematan no mar!!! Pois ben, hoxe imos facer que
limpamos os océanos cunha actividade á que lle chamo PEIXESTAPÓN!!
Consiste en meter tapóns de botellas de diferentes cores nunha bañeira
con auga para logo ilos pescando!! De cana podedes empregar 2 pauíños de
madeira ou se vos resulta moi complicado simplemente cunha culler!!
Podedes retar a un membro da familia a ver quen pesca peixestapón máis
axiña!!! Ah, e recordade que unha vez rematado o xogo deberedes deixar
todo limpiño e seco e, como non debemos estragar auga, podedes ulitizar a
que hai na bañeira para regar as prantas que teñades pola casa!!
Por
último, hoxe preséntovos un novo deporte olímpico que tamén se
desenvolve sobre a auga: é o PIRAGÜISMO!!! Coñecíadelo?? Agardo que vos
guste!! Que teñades un bo día espaguetis e lentellaaaaas!! Unha aperta!!
LUNS 8 DE XUÑO
Bo
día nenos e nenas!! Que tal o fin de semana?? Agardo que moi ben!! Pois
para comezar unha nova semana propóñovos este xogo para que retedes a
algún membro da familia a ver quen encesta máis pelotas dentro da
caixa!! Para iso teredes que colocar de unha en unha as pelotas encima
da bolsa de basura (semiinchada) e golpear xusto detrás para que a
pelota saia disparada e se meta dentro da caixa!! Así que iso amiguiños e
amiguiñas, moito ánimo e agardo que vos guste este xogo!! Que pasedes
un bo día!!!VENRES 5 DE XUÑO
Moi bo día amiguiños e amiguiñas!!! Sabedes que día é hoxe?? Pois é 5 de xuño, data na que se celebra o Día Mundial do Medio Ambiente, aínda que xa sabedes que para que o noso planeta viva por moooooitos anos máis deberemos celebrar o Día do Medio Ambiente durante todo o ano, intentando coidalo da mellor maneira que poidamos!! E unha desas formas é a de REUTILIZAR aqueles materiais que xa non realizan a función para a cal foron creados e darlles así outros usos, para desta maneira reducir a producción de basura e en consecuencia o gasto de recursos.
Pois ben, hoxe propóñovos uns xogos elaborados a partir de materiais que xa non cumpren a función para a que foron creados. O primeiro é a BÓLA MÁXICA!! Para iso deberedes empregar unha botella de plástico (ou cartolina no seu lugar), unha palliña de beber e papel de aluminio ou polispán! Unha vez montado o aparello deberedes soplar pola palla e cun pouco de práctica conseguiredes manter a pelotiña de papel albal no aire!!
O segundo xogo son os ZANCOS!! Non sei se recordades que algún de vós xa experimentou na clase de psico a andar con zancos!!! Pois propóñovos que sigades practicando pero con moito coidadiño!! O material que deberedes empregar serán 2 latas de melocotóns (por exemplo) e fío ou corda. Así que veña compañeiros e compañeiras, a practicar con moito coidadiño, vale?? Que pasedes un bo venres e un mellor fin de semana!! Unha aperta moi grande!!
XOVES 4 DE XUÑO
Bo día compañeiros e compañeiras!!! Hoxe tráiovos unha nova proposta, a ver se vos gusta!! Trátase dunha MÁQUINA TRAGABÓLAS!!!! Para iso deberedes conseguir unha caixa de cartón e facerlle un ou varios buracos, como vós prefirades, os cales deberán ser un pouquiño máis grandes que a pelota ou pelotas que teñades!! Unha vez elaborada a máquina tragabólas...a xogaaar!!!! Deberedes ter paciencia e coordinación para facer caer as pelotiñas polos buracos movendo a caixa!! Seguro que se vos dá xenial!!! Retade ás vosas familias a ver quen o consegue máis rápido!! Ademais, preséntovos un novo deporte que seguro que moitos e moitas de vós xa coñecedes!!! O obxectivo deste deporte colectivo é, ao igual que o xogo da máquina tragabólas, intentar meter unha pelota por un buraco (canastra)! Sabedes de que deporte se trata con esa pista que vos din??? Pois sii, é o BALONCESTO!!
Sen máis, espero que teñades un día estupendo!! Un bicoooo mooooi grande para os espaguetis e outro bico igual de grande para as lentellas!
MÉRCORES 3 DE XUÑO
Bo día meus amiguiños e miñas amiguiñas!!!! Gústanvos os globos?? Pois hoxe vouvos propoñer 2 retos nos cales os globos serán os protagonistas, ademais de vós por suposto. No primeiro reto deberedes intentar, golpeando cara arriba 2 globos cas mans, que non caia ningún deles ao chan. Para superar o reto deben permanecer no aire os 2 globos durante 15 segundos. Por outro lado, no segundo reto deberedes golpear un globo cunha man e mentres se mantén no aire intentar meter 4 obxectos (pelotas, bolas de calcetín, bonecos, etc) dentro dun caldeiro (como vedes na imaxe inferior). É dicir, golpearedes o globo, agacharédesvos rápido e meteredes un obxecto no caldeiro, para volver a golpear o globo e meter outro obxecto, ata intentar metelos todos sen que o globo caia en ningún momento ao chan.
Xa me contaredes que tal vos saíron estes 2 retos, pero estou seguro que moi ben!! Ah, e recordádelle a vosos pais e a vosas nais que os globos son moi divertidos pero tamén poden chegar a ser moi perigosos (se o levades desinflado á boca) polo que deberán estar sempre mirando que tal facedes os retos, vale?? Veña, que teñades un bo día meus espaguetis e miñas lentellas!!! Unha aperta!!
MARTES 2 DE XUÑO
Bo díaaaaaaaaaa!!! Hoxe propóñovos unha actividade na que deberedes realizar diferentes tarefas segundo as letras que compoñan o voso nome!!! Así que cada espagueti e cada lentella representará o seu NOME EN MOVEMENTO!!!! Deberedes de realizar as tarefas correspondentes entre 5 e 10 segundos, dacordo?? Se queredes podedes representar ademais do nome os apelidos!!! Veña, que teñades un bo día amiguiños e amiguiñas!!!
LUNS 1 DE XUÑO
Ola espaguetiiiiiiiis, ola lentellaaaaaas!!! Como vos foi o fin de semana?? Iriades á praia ou á piscina, non si??? Seguro que o pasáchedes xenial!!! Pois para comezar unha nova semana e un novo mes vouvos propoñer unha actividade relacionada co proxecto do Lope: OS XOGOS OLÍMPICOS!!!! Como a profe María e a profe Pili vos enseñaron moitos deportes que se practican nos Xogos Olímpicos e eu tamén vos fun presentando uns cantos máis, pois propóñovos a seguinte actividade:
1- Escolle un deporte olímpico dos que coñezas
2- Disfrázate e recrea unha situación de xogo de dito deporte (por exemplo, a chegada á meta nunha carreira de atletismo, un golpeo de pelota en tenis, un lanzamento a portería en fútbol, unha patada en karate, etc.).
3- Dille a algún familiar que che saque unha foto ou che grave un vídeo para logo montar entre todos os arquivos que me mandedes unhas OLIMPIADAS VIRTUAIS!!
Veña amiguiños e amiguiñas, agardo impaciente polas vosas imaxes de superdeportistas!!!! Que teñades un bo día!!!
VENRES 29 DE MAIO
Bo día raparigos e raparigaaaas!!! Que tal polas praias e piscinas?? Xenial supoño...Pois ben, para rematar a semana propóñovos unha manualidade!! Trátase de construír un ATRAPABÓLAS!!! Para iso necesitaredes o seguinte material: rolo de papel, la, papel albal e botella de plástico (poderedes empregar máis material para personalizar o atrapabólas). Unha vez construído, deberedes deixar a boliña colgando, tirar dela cara arriba e intentar encestala dentro do "atrapabólas" (botella). Sen máis, agardo que teñades un bo fin de semana!!! Un bico enorme para todas e todos!!!
XOVES 28 DE MAIO
Ola nenos e nenas!!!! Que tal vos vai?? Aproveitáchedes o bo tempo que está facendo para ir á praia?? Xa que estes días hai moita calor vouvos propoñer unha actividade con auga, así poderedes refrescarvos!!!! Trátase duns RELEVOS ACUÁTICOS!!!! Para iso, teredes que colocarvos toda a familia sentados coas pernas abertas un diante do outro, cada un cun vaso na man!! O espagueti ou lentella situarase diante de todo cun vaso na man tamén pero de pé. Á señal, deberá ir correndo e encher o seu vaso con auga que haberá a uns metros nun caldeiro, para logo volver correndo e vaciarlle a auga ao primeiro da fila! Este elevará o vaso por encima da cabeza e verterá a auga (sen mirar para atrás) ao que está xusto detrás na fila, ese fará o mesmo co de detrás e así continuamente ata chegar ao último, que será o encargado de depositar a auga que lle quede no vaso nun caldeiro, no cal haberá unha pelota de pin pon (por exemplo). Repetirase esta acción continuamente ata lograr encher o caldeiro que ten a pelota e facer que esta saia del. Poderedes competir con outros compañeiros/familias, a ver quen logra antes facer que a pelota saia do seu caldeiro. Outra variante sería empregar un único vaso por equipo e ilo pasando por encima da cabeza ao de detrás ata que chegue ao último, o cal verterá a auga que lle quede no caldeiro.
Agardo que vos divirtades e ao mesmo tempo vos refresquedes co xogo proposto!!!!! Que teñades bo día amiguiños e amiguiñas!!!! Moitos biquiñooooos!!!
MÉRCORES 27 DE MAIO
Como lles vai a esas lentellas e a eses espaguetis??? Seguro que xenial!!! Supoño que onte conseguiriades facer torres de pedra moi altas, a que si?? Pois hoxe tráiovos un novo xogo: chámase a ASPIRADORA!!!! Ídesvos convertir en auténticas máquinas de succionar papeis!! Para iso tedes que cortar moitos papeis, se pode ser de diferentes cores e, axudándovos dunha palliña, deberedes separar os papeis de un en un da mesa e ilos botando nun recipiente!! Quen o fai máis rápido, vós ou os vosos familiares??? Veña, moito ánimo que seguro que lle gañades!!! Logo de traballar a respiración posiblemente vos atopedes algo cansadiños e cansadiñas, así que tamén vos deixo un vídeo de IOGA para que poidades recuperar a enerxía perdida. Deberedes imitar as posturas e movementos dos diferentes animais que vaian aparecendo!!!
Así que iso amiguiños e amiguiñas, agardo que teñades un día moi moi bo!!!! Unha aperta mooooooi grande!!!
MARTES 26 DE MAIO
Bo díaaaaaaa!!!! Que, conseguíchedes facer o efecto dominó? Seguro que si!! Pois hoxe déixovos unha actividade moi chula! Teredes que intentar construír unha TORRE DE PEDRAS!!! Para iso, deberedes poñervos a buscar na praia, monte ou donde saiades a pasear e intentar xuntar unha morea de pedras. Unha vez feita a recolecta, cantas pedras conseguides poñer unha encima da outra sen que caia a torre?? Logo poderedes sacar unha foto ao lado dela, así como tamén debuxala nun folio e ao seu carón poñer o número de pedras que forman a torre!!! Veña, moito ánimo amiguiños e amiguiñas!!!! Espero que formedes torres moi altas e que pasedes un día moi divertido!!!! Unha aperta moi grandeeee!
LUNS 25 DE MAIO
Bo díiiiiiaaaaaaa!!! Como vos foi o fin de semana meus espaquetis e miñas lentellas queridas?? Aproveitáchedes o bo tempo que fixo para pasear?? Fúchedes camiñar pola praia?? Eu siiiii, e a partir de mañá xa poderemos darnos un chapuzón, que guay!!!! Pois ben, mañá para comezar o día con moita enerxía anímovos a que fagades, coas froitas que máis vos gusten, unhas ricas e fresquiñas MACEDONIAS ou ZUMES!!! Tomáchedes a froita algunha vez desta forma?? Supoño que si!! Aconséllovos que probedes a facelas con froitas que nunca comérades, que seguro que están moi ricas!!! Ademais disto, propóñovos unha nova actividade á que lle chamei o EFECTO DOMINÓ. Para iso necesitaredes pezas de dominó, pinzas, libros ou calquera material que se aguante de pé. Unha vez teñades algúns deses materiais deberedes, con moita paciencia e pulso, ir colocándoos en equilibrio uns preto dos outros. Unha vez colocados todos deberás empurrar o primeiro para que vaian caendo pouco a pouco, provocando unha reacción en cadea!! A ver se o conseguides, confío en vós!!! Que teñades un bo luns amiguiñas e amiguiños!!!
VENRES 22 DE MAIO
Como vai iso espaguetis e lentellas?? Quedáchedes moi cansados da rutina de exercicio que vos propuxo o noso amigo o mono?? Supoño que non, que estades en moi boa forma tal e como mo demostráchedes no cole!! Pois hoxe propóñovos outras dúas actividades. A primeira delas é algo que xa fixéchedes máis veces: o IOGA. Desta vez aconséllovos que a fagades pola mañá, logo de levantarse, para empezar o día con moita enerxía!! E a segunda actividade é unha manualidade: o TÚNEL DE BÓLAS!!! Para facela necesitaredes o seguinte material:
- 1 caixa de cartón
- Rolos de papel hixiénico (o cartón)
- 1 rotulador
- Cola ou celo
- 1 pelota pequena (se non tedes podédela facer con papel, xornal, papel de aluminio, etc.)
Deberedes ir introducindo a pelota en orde polos distintos rolos, os cales estarán numerados!! Así valeravos para repasar os números que tan ben vos enseñaron a profe María e a profe Pili!!
E por hoxe nada máis amiguiños e amiguiñas, agardo que pasedes un moi bo fin de semana!!!! Un bico moi grande!!!
XOVES 21 DE MAIO
Que tal nenos e nenas?? Como vos foi o día traballando como sanitarios?? Estou seguro que moi ben!!! Hoxe vouvos propoñer un pouquiño de exercicio co moniño que fumos fai uns días ao espacio, acordádesvos del?? A ver se aguantades o seu ritmo que está en moi boa forma!!! Pero os espaguetis e as lentellas tamén o estades, a que si?? Ademais, tamén vos vou presentar un novo deporte olímpico: o KARATE!! Trátase dun arte marcial na que se realizan golpes a un adversario coas mans, cos cóbados ou cos pés! Agardo que vos guste!!! Unha aperta moi grande para todos e todas!!! Que pasedes un bo día!!!
MÉRCORES 20 DE MAIO
Bo día compañeiras e compañeiros!!! Que tal vos vai todo?? Aproveitáchedes este bo tempiño que fixo para ir pasear pola praia?? Seguro que si!! Eu tamén saín e dando un pequeno paseo pola area veume unha idea á cabeza e pensei: que lles parecerá aos meus espaguetis e as miñas lentellas se lle facemos unha pequena homenaxe ao persoal sanitario polo ben que nos están coidando a todos e todas nós?? Pois ben, propóñovos que por un día adoptedes todos os superpoderes que eles e elas teñen: superhabilidade para curarnos as feridas cando nos mancamos, supervelocidade para axudarnos axiña cando nos atopamos enfermiños, superresistencia para traballar sen descanso...Para convertirvos en superheroes coma eles debedes seguir os seguintes pasos:
1º CONSTRUÍDE E EQUIPADE A VOSA CONSULTA: Buscade todo aquel material que vos sirva para montar a vosa consulta e equipádea con camisetas vellas, coxíns, teas, etc. que vos permitan curar aos enfermos. Tamén podedes elaborar indumentaria axeitada para caracterizarvos.
2º ATOPADE AOS PACIENTES: Algún adulto esconderá previamente pola casa diferentes bonecos e deberedes atopalos o antes posible (sen desordenar), para levalos a vosa consulta e darlle os coidados que precise (non de calquera forma, non esquezades que sodes supersanitarios).
3º CURADE AOS ENFERMOS: É a hora de darlles todos os coidados necesarios aos pacientes. Neste vídeo sobre a REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR
poderedes aprender unha canción moi faciliña que vos axudará a recordar
como debedes actuar antes determinados problemas de saúde. Ademais
podedes aproveitar para limpalos, arranxalos...e por último dalos "de
alta" e buscarlles un bo lugar para gardalos donde estean cómodos.
Así
que iso amiguiños e amiguiñas, hoxe ides ser doctores e doctoras!!
Agardo impaciente polas fotos!! jejeje. Que teñades un bo día de
traballo na vosa consulta!!
Bo día raparigos e raparigas!!! Hoxe vouvos propoñer un xogo tradicional! Coñecedes o XOGO DA RA?? Consiste en meter, desde uns 2 metros, uns discos de metal dentro de ocos feitos nunha caixa de madeira, así como tamén na boca dunha ra!! (vós podedes empregar tapóns de botella, bolas de papel, etc., unha caixa de cartón e rolos de papel hixiénico). Deberedes asignarlle previamente unha puntuación a cada oco. Así que veña, a afinar esa puntería e a conseguir máis puntos que as vosas familias!!! Unha aperta moi grande para todos e todas as lentellas e espaguetis!!! Que teñades un bo martes!!
LUNS 18 DE MAIO
Bo día amiguiñas e amiguiños!! Que tal vos foi no fin de semana?? Agardo que moi ben!!! E para empezar a semana igual de ben vouvos propoñer que fagades con toda a familia un xogo que xa fixemos no cole e que seguro que vos acordades!! Son as ESTATUAS MUSICAIS ou CONXELADO!!!!! Así que xa sabedes, pulsade "play" no vídeo que vos deixo máis abaixo e a bailar!! Iso si, cando pare de soar a música xa sabedes que non se vos poderá mover nin un pelo para non ser eliminados ou eliminadas!!! Confío en vós espaguetis e lentellas!!! Haille que demostrar a toda familia que os mellores neste xogo sodes vós!!!
Ah, ademais das estatuas musicais e seguindo co proxecto dos Xogos Olímpicos vouvos presentar un novo deporte olímpico: o SKATEBOARDING!!!! Oíchedes algunha vez falar de algo cun nome tan raro?? Se non é así, déixovos un vídeo para que o conozades, vale?? Veredes como mola!!!!
Sen máis, unha aperta moi grande a todos e todas e que teñades un bo día!!!!
VENRES 15 DE MAIO
Bo día amigos e amigas!! Queredes vir de viaxe conmigo e cun moniño moi divertido?? Pero debédeslle pedir permiso aos vosos pais e ás vosas nais xa que é un pouquiño lonxe...imos ir AO ESPACIO!!!! Preparádevos porque imos ter que saltar para tocar estrelas, pisar planetas, esquivar asteroides...así que espero que descansárades ben para facer os mesmos movementos que fai o noso amigo o mono!!!! El está en moi boa forma pero os espaguetis e as lentellas tamén, a que si???
Logo, unha vez a nave espacial nos traia de volta ao Planeta Terra, e tras o paseo que seguramente deades coas vosas familias, posiblemente vos atopedes algo cansados despois de tanto exercicio, polo que vos vou deixar un vídeo para que practiquedes IOGA co noso compañeiro de viaxe para así poder relaxarse e descansar pracidamente toda a noite!!!!
Veña amiguiños e amiguiñas, espero que teñades un bo fin de semana!!!! Unha aperta moi grandeeeee!!!
XOVES 14 DE MAIO
CADROS VIVOS
MÉRCORES 13 DE MAIO
Bo día raparigos e raparigas!!! Estiven pensando e sabedes que actividade que a min me gusta moito vos propoño para hoxe??? A PESCA!!!! Fúchedes algunha vez pescar peixiños co voso pai, nai, irmán, avoa...??? Eu cando era pequeniño iba con miña nai e pasábao moi ben!!! Pois ben, vos ides pescar uns peixiños moi peculiares!!! Cada peixiño ten unha letra...así que vos propoño que formedes o voso nome cos peixiños, así como tamén o dos membros da vosa familia!! E para rematar, tamén podedes formar cos peixiños o seguinte nome: Ricardo!! E diredes vós: por que o profe Fran nos manda buscar ese nome?? Pois simplemente é porque a persoa homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas (que se celebran cada 17 de maio e que seguro que a profe María e a profe Pili vos falaron delas) é un tal Ricardo Carvalho Calero, persoeiro moi importante por ser un gran divulgador da literatura galega. Para que non vos resulte moi complicado, aínda que xa sodes todos e todas moi maiores e apenas necesitades axuda, podedes dicirlle na casa que vos escriban os nomes nun papel, así estaredes máis seguros de cales son os peixiños que debedes pescar!!
Así que iso amiguiños e amiguiñas, espero que pesquedes moito!!! MOITO ÁNIMO E BOA PESCA!!!
Material: goma eva (ou no seu defecto cartón, cartolina, etc.), fío, clips, vara de madeira, imán para a cana e rotulador.
MARTES 12 DE MAIO
Bo día amiguiñas e amiguiños!!! Que tal vos foron os rencontros onte?? Supoño que moitos e moitas de vós volvíchedes a ver a seres queridos que non puidéchedes visitar ata agora, así que estaredes super contentos!! Pois eu tamén estou moi feliz xa que recibín unha visita moi especial! A de un paxariño que é moi amigo meu!! E sabedes que me dixo?? Que os poucos bichiños que quedan e que nos impiden volver ao cole están escondidos...queredes saber donde??? NAS POMPAS DE XABÓN!!! Así que que vos parece se entre todos e todas os eliminamos?? Nos vídeos que vos deixo a continuación teredes ideas de como facer as pompas así como tamén os pompeiros!!! Brincade e correde moito para que non quede unha pompa!!! Hainas que estoupar o máis rápido posible antes de que caian ao chan!!!! O meu amigo o paxariño e máis eu confiamos en vós espaguetis e lentellas!!!! DERROTAREMOS AO CORONAVIRUS!!!
LUNS 11 DE MAIO
Que tal espaguetis e lentellas?? Como foi o fin de semana?? Espero que moi ben!!! Xa estamos un pouquiño máis preto de volver a vernos todos e todas!! Estou seguro de que moitos e moitas de vós non puidéchedes visitar aos vosos pais, nais, irmáns, irmás, avós, avoas...ata agora por culpa do bichiño este que aínda está polas rúas pero que pouco a pouco imos eliminando!! Pois xa que estes días vos ides poder rencontrar cos vosos seres queridos, a actividade que vos propoño hoxe é para demostrarlle o moito que os botáchedes de menos e para facerlles saber que foron uns campións e campioas por aguantar tanto tempo sen vervos e sen poder darvos todos as apertas e bicos que vos merecedes. E xa que estamos traballando sobre os Xogos Olímpicos no cole, vouvos facer unha pregunta que estou segurísimo que ides contestar moi rápido: Que lle soen dar aos que gañan as diferentes probas e deportes nos Xogos Olímpicos??...Moi ben!!! Como ben dicides, danlle unha MEDALLA!! De bronce para o 3º clasificado/a, de prata para o 2º e de ouro para o 1º. Pois ben, como os vosos seres queridos que non puidéchedes ver ata hoxe foron uns campións merécense unha medalla de ouro, non credes?? E vós seredes os encargados de diseñala!!!!!! Aquí vos deixo un vídeo para que vos dea unha idea de como as podedes facer!!! Que sexa ben chula para que lles guste moito vale??? E se queredes ensinarme que tal vos quedaron xa sabedes que o podedes facer!!!! Unha aperta moi moi grande amiguiños e amiguiñas!!!!
VENRES 8 DE MAIO
Bo
día compañeiros e compañeiras!!! Como sabedes, para crecer sans e sás
os espaguetis e as lentellas deben practicar actividade física, é dicir,
xogar moito, brincar, correr, trepar...así como tamén é moi importante
levar unha dieta sá e equilibrada, na cal a froita ten un papel moi
importante!! É por iso que hoxe vos fago un reto: que figuras, animais,
obxectos, etc. sodes capaces de facer empregando para iso unicamente
froita?? Nas liñas que seguen déixovos unhas cuantas ideas, pero seguro
que vós coa gran imaxinación que tedes seredes capaces de crear unhas
imaxes moito máis chulas!!! Ademais, e ao igual que xa fixemos en días
anteriores, déixovos un vídeo para practicar IOGA que nos axudará a
rematar a semana relaxadamente.
Sen máis, agardo que teñades un bo fin de semana e que esteadesmoi ben!!! Xa queda menos para vernos!!! Apertaaaas!!!
XOVES 7 DE MAIO
Bo díaaaaa espaguetis e lentellas!!! Sabedes que vos teño preparado para hoxe??? ACROSPORT!!! E diredes vós, e iso que é???? Pois o acrosport é un deporte acrobático-coreográfico que consiste principalmente en realizar figuras ou pirámides entre os participantes!! Eu aconséllovos que o fagades cos vosos pais/nais/irmáns/irmás!! Xa veredes que divertido é!! Déixovos un documento con exemplos de figuras para que as poidades representar. Así que veña, collede algo acolchado para poñer no chan, poñede música de fondo e a practicar acrosport!! Pero ollo, con moito coidadiño para non magoarse!!
Se queredes mandar algunha imaxe sobre as figuras que fixéchedes xa sabedes que o podedes facer ao seguinte correo: ceiplopedevegavigofran@gmail.com.
Que teñades bo día amiguiños e amiguiñas!!!
FIGURAS DE ACROSPORT
MÉRCORES 6 DE MAIO
Bo día nenos e nenas!!! Que tal estades aproveitando as saídas á rúa cos vosos pais/nais/irmáns/irmás...??? Agardo que vos esteades divertindo moito!!! Xa queda menos para poder xogar e pasalo ben co resto de compañeiros do grupo dos espaguetis e das lentellas!! Mentras tanto, vouvos deixar outro baile!! É sobre as partes do voso corpo, para que repasedes o seu nome, aínda que xa sei que co listiños e listiñas que sodes as sabedes de memoria!!! Espero que vos divirtades con este baile!!!! Moitas apertas para todos e todas do profe Fran!!!! Que pasedes un bo día!!!!
MARTES 5 DE MAIO
Bo día amiguiños e amiguiñas!!! Que tal vos foi no fin de semana?? Espero que o desfrutárades moito!!! Hoxe vouvos deixar dúas actividades:
A primeira é para coñecer un novo deporte olímpico: a ESCALADA!! Fixéchedes escalada algunha vez?? Eu nunca, pero teño moitas gañas porque parece moi divertida!!
A segunda actividade é sobre unha manualidade: os BIRLOS!!! Para facelos podedes empregar material que teñades pola casa, como por exemplo botellas de plástico, latas de refresco, etc. (Adxunto varias fotos por se vos pode dar algunha idea para adornar os vosos birlos). Unha vez deseñados os birlos e empregando as pelotiñas de arroz que fixéchedes durante o fin de semana (de non telas poderedes empregar calquera outro tipo de pelota) deberedes intentar derrubar o maior número de birlos posible. Poderedes:
- Establecer varias quendas por xogador
- Variar a distancia de lanzamento
- Poñerlle números aos birlos para conseguir unha puntuación determinada
- Ocórrensevos máis variantes??
Veña espaguetis e lentellas, moito ánimo e a afinar a puntería cos birlos!!! Unha aperta para todos e todas.
BIRLOS
ESCALADA
VENRES 1 DE MAIO DE 2020
Bo día nenos e nenas!! Hoxe vouvos deixar unhas manualidades para facer coa vosa familia!! Son boliñas de arroz!! Déixovos uns cuantos titoriais para que vos poidades guiar e adornar as vosas pelotas como máis vos guste!!! Se queredes xa sabedes que me podedes enseñar que tal vos quedaron!! Ademais, vouvos deixar outro reto: sodes capaces de colocar un rolo de papel hixiénico sobre a cabeza e, sen tocarlle coas mans, levalo por todas as habitacións da casa sen que vos caia ao chan?? Se o conseguides póñovolo un pouquiño máis difícil!! Poderedes facer o mesmo pero empregando unha pelota das que fixéchedes en vez do rolo de papel hixiénico?? Estou seguro de que si!! Pero recordade, tedes que ir camiñando moi amodiño para que non vos caia!!! Moito ánimo espaguetis e lentellas!!! Que pasedes un bo fin de semana!!!
XOVES 30 DE ABRIL DE 2020
Ola nenos e nenas!! Sabiades que onte, 29 de abril, foi o Día Internacional da Danza??? Pois para conmemoralo déixovos un baile!! É o baile do cadrado!!!
Ademais, propóñovos un reto!! MISIÓN IMPOSIBLE!!! Seredes quen de crear un "corredor láser" e cruzalo sen tocarlle para que non salte a alarma?? Como podedes ver eu intenteino pero penso que en algún momento me tocou o láser!! Estou seguro de que vós o faredes moito mellor!!
Se queredes ensinarme que tal vos saíu tanto o "BAILE DO CADRADO" como o reto de "MISIÓN IMPOSIBLE" xa sabedes que o podedes facer enviándome un vídeo á seguinte conta de correo: ceiplopedevegavigofran@gmail.com. Unha aperta espaguetis e lentellas!!!
BAILE DO CADRADO MISIÓN IMPOSIBLE
Bo día espaguetis e lentellas!!! Que tal vos vai??? Supoño que con moitas ganas de rencontrarvos cos vosos compañeiros e compañeiras!! Pois moito ánimo que xa queda menos para que chegue ese momento!!! Mentres tanto, anímovos a seguir facendo as actividades que vos vou mandando!
Por se non o sabiades, onte, 28 de abril, foi o "Día da Educación Física na Casa" (moitos coles de toda España celebran nesta data o "Día da Educación Física na Rúa", pero este ano o bichiño do coronavirus non lles deixou celebralo). Así que decidín deixarvos unha actividade para celebrar este día nas vosas casas e coas vosas familias!! É unha aventura coa cal iredes viaxando por varias illas!! Veredes que chula está, espero que vos guste!!
Moitos bicos meus amiguiños e amiguiñas!! Bótovos moito de menos!!
MARTES 28 DE ABRIL DE 2020
Bo día nenos e nenas!! Hoxe vouvos deixar uns exemplos de circuítos para que poidades facer nas vosas casas se vos apetece!! Poderedes empregar calquera material que teñades pola casa: mesas, cadeiras, botellas, rolos de papel hixiénico, paus de vasoira, xoguetes, balóns, etc. A ver que recorridos máis chulos facedes!!! Ademais, tamén vos deixo un vídeo sobre ioga tal e como fixemos fai uns días, pero neste caso tocaranos imitar a animais mariños para relaxarnos ao igual que o fan eles!!!
Agardo que pasedes un bo día!! Xa queda un menos para que nos volvamos a ver!! Moito ánimo espaguetis e lentellas!!
CIRCUÍTOS
IOGA
LUNS 27 DE ABRIL DE 2020
Bo día espaguetis e lentellas!! Que tal vos foi o fin de semana?? Agardo que moi ben e espero que gozárades dun bo paseo ao aire libre!! Para comezar a semana vouvos recomendar un baile!! Coñecedes o "CHU CHU UA"?? Por se algún non o coñece déixovos un vídeo para que sigades os pasos da coreografía!! Estou seguro de que o faredes moi moi ben!! Ademais, seguindo co proxecto dos Xogos Olímpicos, vouvos presentar outro deporte: o GOLF!! Espero que vos guste!!! Que pasedes moi bo día amigos e amigas!! Unha aperta ben grande do profe Fran.
CHU CHU UA
GOLF
VENRES 24 DE ABRIL DE 2020
Bo día espaguetis e lentellas!! Como vai iso?? Espero que moi ben!! Xa víchedes que o vindeiro domingo poderedes saír a rúa!! Aínda non poderedes ir xogar cos vosos amigos e amigas, pero xa queda menos para poder facelo, que pouco a pouco imos derrotando a este bichiño que nos fai estar encerrados nas nosas casas!! Así que para este domingo espero que botedes fóra toda esa enerxía que tedes dentro e vos fai tan especiais!! Que corrades moito, que brinquedes, que berredes...Os profes estaremos moi contentos pensando en que o estaredes pasando moi ben!! Se queredes facernos chegar algunha imaxe para darnos algo de envexa xa sabedes que o podedes facer (ceiplopedevegavigofran@gmail.com).
A actividade que vos mando hoxe é unha manualidade!! Chámanse RINGOS e son unha variante do que coñecemos como Frisbee!! Así poderedes xogar co adulto que vos acompañe cando saiades!! Se queredes tamén me podedes ensinar que chulo vos quedou o voso ringo!! Podédelo adornar como máis vos guste!! Sen máis, desexar que pasedes un bo fin de semana!!! Unha aperta do profe Fran para todos e todas as espaguetis e lentellas!!
RINGOS
XOVES 23 DE ABRIL DE 2020
Bos días nenos e nenas!! Que tal vos vai?? Agardo e estou seguro que moi moi ben!!! Hoxe vouvos propoñer 2 xogos, a ver se vos gustan!!
1º xogo: ACHICANDO AUGA
Eres capaz de transportar na boca toda a auga dun vaso que hai sobre
a mesa da cociña ata o cuarto de baño? Quen o fai máis rápido, ti ou o teu
pai/nai/irmán/irmá? Deberás levar a auga na boca e botala fóra no baño, para
volver de novo á cociña a coller máis auga. Así ata que logres vaciar
completamente o vaso. Ao finalizar, deberás limpar todo o que se puidera
ensuciar.
2º xogo: A BUSCA DO TESOURO
Xa
que hoxe é 23 de abril, Día Do Libro, deberás atopar o teu libro
preferido por toda a casa, que previamente será escondido por un membro
da túa familia. Poderán ir dándoche pistas para facilitarche a busca.
Unha vez o atopes tocarache escondelo a ti!!! Ponllo ben difícil para
que non o logren atopar!!
Sen máis, espero que teñades un bo día en familia e moito ánimo espaguetis e lentellas!!!!! Unha aperta ben forte!!!
MÉRCORES 22 DE ABRIL DE 2020
Ola nenos e nenas!! Como seguimos? Aburridos, non si? Pois arriba eses ánimos que cada vez queda menos e todos xuntos gañaremos esta batalla ao maldito CORONAVIRUS. Pasar tanto tempo na casa pode acabar por minguar os nosos ánimos e por iso hoxe quérovos propoñer unha actividade que pode ser moi útil para poder descargar toda a ansiedade acumulada e ese estres que esta situación nos está xerando. Así que para desconectar un pouquiño e tamén para recargar esa enerxía que por momentos parece esgotarse, que vos parece se facemos algo de IOGA? Fixéchedelo algunha vez? Déixovos un vídeo para que poidades facelo en familia!! Só necesitaredes roupa cómoda, unha esterilla ou manta e un pouco de silencio. Seredes quen de imitar todos os movementos que vos propoñen o gato, o can e a serpe?? Veña, a practicar ioga lentellas e espaguetis!!! Moito ánimo!!!!
As posturas dos animais
MARTES 21 DE ABRIL DE 2020
Bos
días espaguetis e lentellas!! Xa queda un día menos para volver a
vernos!! Que ganas!! Mentres tanto, aquí vos deixo unhas actividades.
Unha delas é para que coñezades, seguindo co proxecto dos Xogos
Olímpicos, un novo deporte, o ciclismo, e as diferentes modalidades que
se desenvolven nas citas olímpicas. Ademais, tamén vos deixo unha
receita!! Seredes quen de crear unha Palmeira de Froita?? Seguro que
si!! Recordade que a froita é un alimento moi san que debemos introducir
na nosa alimentación!! Se queredes podedes inventar vós outro postre
con froita e enviarmo a ceiplopedevegavigofran@gmail.com. A ver con que
me sorprendedes!!! Sen máis, desexar que teñades un bo día espaguetis e
lentellas!!!! Unha aperta ben grande!!
CICLISMO
Como se inventou a bicicleta?
Modalidades:
- Ciclismo en ruta
- Ciclismo en pista
- Ciclismo de montaña
- BMX
RECEITA
PALMEIRA DE FROITA
LUNS 20 DE ABRIL DE 2020
ATRAPA AO CORONAVIRUS
Bos días nenos e nenas!! Hoxe comeza unha nova semana e quérovos mandar moito ánimo, pois xa queda pouco para que poidamos saír da casa e nos volvamos a ver!!! Nesta ocasión envíovos unha actividade para que lle deades caza ao Coronavirus!! Seredes quen de facelo?? Que non se vos escape ningún!!! (Podédelos facer con papel albal, papel de xornal con celo, arroz dentro de globos...) Recordade que podedes enviar fotos ou vídeos para amosar a vosa habilidade como Cazacoronavirus ao correo ceiplopedevegavigofran@gmail.com!! Moitas apertas e bicos para todos espaguetis e todas as lentellas de parte do profe Fran!!
ATRAPA AO CORONAVIRUS
Comentarios
Publicar un comentario